É unha ferramenta que recolle os aspectos a ter en conta á hora de converter unha idea empresarial nun negocio. Entre outras informacións, o emprendedor poderá encontrar información sobre a elección da forma xurídica, o plan de empresa, o plan económico-financeiro e sobre instrumentos de financiamento.
O obxectivo fundamental das micro-guías de actividade é o de proporcionar ao emprendedor, en base á información contida na guía ou guías de actividade máis xenéricas que consultara, unha información específica a partir da cal concretar aspectos fundamentais para a súa empresa.