Sabías que ...a Axenda Financeira 2022 mobilizará este ano 400M€ co obxectivo de contribuír á reactivación e á mellora da competitividade empresarial?

Promovemos os investimentos que poidan xerar riqueza e crear emprego a través do apoio financeiro á implantación de proxectos empresariais, favorecendo o desenvolvemento equilibrado do territorio.

Como conseguir financiamento

A través da posta a disposición de préstamos e microcréditos, así como bonificacións de custos para pequenas e medianas empresas.

Axudámosche a innovar

Poñemos á túa disposición un completo conxunto de axudas, dentro da aposta pola I+D+I e a valorización dos resultados do Sistema Galego de Innovación.

Proporcionar recursos a medio e longo prazo

O Capital Risco é unha actividade financeira que consiste en proporcionar recursos ás empresas, a medio e longo prazo, pero sen vocación de permanencia ilimitada. Desde o punto de vista financeiro, supón un incremento dos fondos propios, engadindo credibilidade e estabilidade financeira, e desde o punto de vista interno da empresa promove a profesionalización da xestión empresarial, colaborando na procura de financiamento adicional, apoiando a internacionalización e outros servizos.