Sabías que ... a través do programa Galicia Inviste se poden pedir axudas e financiamento nun mesmo expediente?

Promovemos investimentos que poidan xerar riqueza e crear emprego, favorecendo ao mesmo tempo o desenvolvemento equilibrado do territorio

Como conseguir financiamento

A través da posta a disposición de préstamos e microcréditos, así como bonificacións de custos para pequenas e medianas empresas.

Investir en Galicia

A Xunta impulsa a captación de investimentos estranxeiros con 2 millóns de euros para atraer novos proxectos e para a creación dunha comisión que avaliará potenciais investidores.

Equilibrar o territorio

Son varias as liñas de axudas específicas que a Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, ten dispoñibles para a dinamización do tecido empresarial. Teñen por obxecto achegar riqueza e equilibrio socioeconómico a determinadas zonas do territorio.

Lei de simplificación e reactivación

Unha lei que pon facilidades ao investimento empresarial en Galicia.