Sabías que a Xunta está apoiando a dixitalización dos establecementos comerciais galegos a través de diferentes liñas de axuda?

Desenvolvemos programas de promoción e fomento do comercio e das axudas destinadas a estes fins, así como o impulso do asociacionismo en colaboración con outras institucións.

Normativa comercial

Co obxectivo de continuar mellorando a calidade do sector comercial galego e o servizo que se presta aos consumidores, achegamos información sobre a lexislación de aplicación. 

Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (Eccom)

As Eccom desenvolven actuacións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade de instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal.

Solicitar a marca "Artesanía de Galicia"

Se es titular dun obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia ou dun establecemento de venda de artesanía galega, podes solicitar a autorización para o uso do distintivo da marca "Artesanía de Galicia" en etiquetas e elementos promocionais tales como bolsas, carteis, caixas e papel, así como noutros modelos que sexan autorizados.

Certificarse coa marca Galicia Calidade

Galicia Calidade, é un selo de garantía de calidade certificada, que só se outorga a aqueles produtos ou servizos, que destacan polos atributos de calidade respecto doutros do seu mesmo xénero.

Catálogos

Catálogos con información dos trámites administrativos e actuacións necesarias para a posta en marcha de proxectos.

Documentos sometidos a información pública

Documentación de expedientes sometidos a información pública para autorizacións de grandes superficies comerciais