Sabías que ...a economía galega está atravesando o seu mellor ciclo exportador nos últimos cinco anos?

Apoiamos as iniciativas de internacionalización das empresas galegas cun amplo abano de servizos e axudas financeiras tanto en orixe como en destino.

Saír ao mercado exterior

Apoiamos as iniciativas de internacionalización cun amplo abano de servizos e axudas financeiras tanto en orixe como en destino. 

Apoio aos clústeres

Promovemos unha estratexia de traballo en común cos clústeres galegos para ofrecer unha imaxe conxunta cara ao exterior, buscar socios para proxectos europeos, formar para acadar a excelencia na xestión dos clústeres e habilitar novos espazos compartidos para xerar novas sinerxías.

Galicia, camiño de futuro

Desde a Xunta de Galicia, dentro do traballo que se desenvolve desde diferentes ámbitos para atraer novos investimentos e facilitar a implantación de empresas, ofrecemos información cos principais datos económicos e potencialidades coas que conta Galicia.