Desenvolvemos programas de competitividade empresarial, asesoramos en materia de oportunidades de negocio, achegamos incentivos económicos para a implantación de proxectos empresariais en Galicia e axudamos ás empresas galegas no seu proceso de internacionalización.
Como conseguir financiamento
A través da posta a disposición de préstamos e microcréditos, así como bonificacións de custos para pequenas e medianas empresas.
Saír ao mercado exterior
Apoiamos as iniciativas de internacionalización cun amplo abano de servizos e axudas financeiras tanto en orixe como en destino.
Axudámosche a innovar
Poñemos á túa disposición un completo conxunto de axudas, dentro da aposta pola I+D+I e a valorización dos resultados do Sistema Galego de Innovación.
Certificarse coa marca Galicia Calidade
Galicia Calidade, é un selo de garantía de calidade certificada, que só se outorga a aqueles produtos ou servizos, que destacan polos atributos de calidade respecto doutros do seu mesmo xénero
Impulsar a competitividade
O crecemento económico está indiscutiblemente asociado á capacidade do tecido produtivo para ofertar produtos atractivos e a unha produción máis eficiente, de xeito que en suma sexa unha oferta competitiva, é dicir, elixible polo cliente
Empresas rexistradas no ámbito da seguridade industrial
Consulta de empresas habilitadas no ámbito da seguridade industrial (instalacións de electricidade, gas, calefacción etc.) na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obter unha declaración responsable
Os cambios no que respecta ás empresas autorizadas no ámbito da seguridade industrial (instaladoras, mantedoras, etc.) incorporáronse ao noso ordenamento xurídico a partir da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de servizos).
Obter un carné ou habilitación profesional
Os cambios no que respecta aos carnés profesionais incorporáronse ao noso ordenamento xurídico a partir da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de servizos)
Cara a unha boa regulación económica
Se es unha empresa, autónomo/a ou emprendedor/a podes achegarnos as túas propostas para impulsar unha Galicia con menos barreiras burocráticas.
Lei de implantación empresarial
Unha lei que pon facilidades ao investimento empresarial en Galicia.
Autoconsumo de enerxía eléctrica
Procedementos IN407B e IN407C: Rexistro administrativo de instalacións de autoconsumo conectadas en baixa tensión e potencia instalada menor a 100 KW