Colaboramos cos concellos para adecuar os seus equipamentos comerciais e modernizar o comercio de proximidade, ao tempo que poñemos á súa disposición financiamento para mellorar a súa eficiencia enerxética e modernizar os seus parques empresariais.
Supresión de licenzas municipais (Lei de emprendemento)
Resolucións de dúbidas para concellos e técnicos municipais nos supostos prácticos de comunicación previa para o exercicio de actividades.
Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (Eccom)
As Eccom desenvolven actuacións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade de instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal.
Localizar parques industriais
Galicia está dotada con máis de 110 polígonos industriais, comerciais e de servizos situados nas catro provincias galegas, cunha superficie que supera os 47.000.000 metros cuadrados. Ademais, están en proxecto ou en construción novos parques empresariais, o que vai incrementar a oferta de terreo en máis de 25.000.000 metros cuadrados, configurando así, a infraestrutura de chan cara aos próximos anos para o asentamento empresarial.
Aforrar enerxía no sector público
O sector público debe liderar a aposta pola eficiencia enerxética, e neste senso o Goberno galego está a impulsar unha estratexia global para a potenciación do aforro e da eficiencia en todos os sectores económicos en especial no eido público, poñendo a Galicia á vangarda neste eido.
Puntos de subministración de gas canalizado
O Goberno galego traballa no desenvolvemento dunha política enerxética na que a gasificación da Comunidade se considera prioritaria para avanzar na mellora da calidade de vida da cidadanía e no incremento da competitividade do tecido empresarial galego.
Concellos emprendedores
A Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) firmaron en outubro de 2017 un convenio de colaboración para a creación dos Concellos Emprendedores.