A Axencia Galega de Innovación incorpora unha nova cultura de xestión con maior flexibilidade e dirixida á obtención de resultados, para conseguir unha maior eficiencia na articulación dos seus instrumentos de apoio e o desenvolvemento das políticas públicas.
Axudámosche a innovar
Poñemos á túa disposición un completo conxunto de axudas, dentro da aposta pola I+D+I e a valorización dos resultados do Sistema Galego de Innovación.
Servizos á túa medida
Servizos da Axencia Galega de Innovación - GAIN ao ecosistema galego de innovación.
Acelerar os procesos de innovación
A Axencia Galega de Innovación apoia e participa en distintas iniciativas e programas para a estimulación e consolidación de novos proxectos empresariais innovadores baseados no coñecemento e de vangarda tecnolóxica, actuacións enmarcadas nos obxectivos do Programa de Emprendemento Innovador da estratexia de especialización intelixente RIS3.
Mapa de apoios 2020
Información sobre os programas de axudas e servizos activos que ten dispoñibles esta consellería en materia de emprego, promoción económica, innovación, enerxía, industria forestal e comercio. Inclúen tamén cales poden ser os/as beneficiarios/as e os prazos de convocatoria en 2020.