Ofrecémosche un abano de servizos e axudas financeiras tanto en orixe como en destino, mediante instrumentos como as plataformas empresariais da rede Pexga, asesoramento, formación...
Cooperar co Norte de Portugal
Galicia ten no Norte de Portugal un forte aliado no impulso á innovación, á competitividade e á internacionalización das súas empresas. No marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a Consellería de Economía e Industria ten en marcha varios proxectos de cooperación transfronteiriza que permita aproveitar as sinerxias e o traballo conxunto entre as empresas, co apoio das administracións públicas.
Saír ao mercado exterior
Apoiamos as iniciativas de internacionalización cun amplo abano de servizos e axudas financeiras tanto en orixe como en destino.
Apoio aos clústeres
Promovemos unha estratexia de traballo en común cos clústeres galegos para ofrecer unha imaxe conxunta cara ao exterior, buscar socios para proxectos europeos, formar para acadar a excelencia na xestión dos clústeres e habilitar novos espazos compartidos para xerar novas sinerxías.