RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o plan de restauración da explotación de recursos da sección A) denominada “Santaballa 1” número 269, situada no termo municipal de Vilalba na provincia de Lugo

Compartir
Actualizado o: 15 febreiro 2022

Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións

Prazo no que estivo aberta a consulta: 04/01/2022 - 15/02/2022

Durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o plan de restauración atópase dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo, e no portal web da dita consellería (https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentos relacionados

Tema/s: Recursos mineiros
Organización/s: Xefatura Territorial de Lugo