RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba a modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Ourol, situado no concello de Ourol (Lugo), e promovido pola sociedade Greenalia Wind Power Ourol, S.L.U. (expediente LU 11/145 EOL).

Compartir
Actualizado o: 01 outubro 2019

Modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Ourol, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación aos efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).