Gases fluorados
A Consellería competente para expedir os certificados de empresa é a Consellería de Economía, Emprego e Industria, mentres que os certificados persoais os expiden a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Sistema de Formación Profesional
Comprende o conxunto de ensinanzas que capacitan para o desenrolo de profesións. Existen tres tipos de oferta de formación profesional: reglada, ocupacional e continua.
Busca de formación
Acceda ao buscador de accións formativas dirixidas a persoas traballadoras desempregadas e ocupadas.
Formación para o emprego
O obxectivo da formación para o emprego, que vai dirixida a persoas desempregadas, é cualificalas para a súa integración no mercado laboral.
Cualificacións
O Sistema de Cualificacións Profesionais de Galicia ponse en marcha baixo a dirección do Consello Galego de Formación Profesional (Decreto 110/1999, do 8 de abril, modificado polo Decreto 214/2003, do 20 de marzo), órgano consultivo e de participación dos axentes sociais e económicos do ámbito galego, que ten como obxectivo básico coordinar todas as ensinanzas e accións de formación profesional que se acometen ou vaian acometer na nosa Comunidade Autónoma, e faise necesaria a constitución do Instituto Galego das Cualificacións (Decreto 93/1999, do 8 de abril) como órgano de carácter técnico que executará, dentro das súas competencias, as liñas aprobadas polo Consello.
Recoñecemento da experiencia profesional
Ver a información en https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/reconecemento-experiencia-profesional
Certificados de profesionalidade
Os certificados de profesionalidade teñen carácter oficial e validez en todo o territorio nacional e acreditan as correspondentes cualificacións profesionais ás persoas que os obteñen.
Especialidades formativas
Acceso ao buscador de especialidades formativas. Pode realizar buscas por código, título, nivel de cualificación da especialidade ou familia (agraria, comercio, enerxía, imaxe...)
Unidades de formación en empresas
A Xunta convoca este ano unha nova edición das Unidades Formativas na Empresa, unha iniciativa coa que financia o 100% da formación que se imparte aos traballadores e ás traballadoras, permitindo atender as demandas reais do tecido produtivo galego. Deste xeito, as terceiras convocatorias dos programas para ocupados e desempregados contan cun orzamento de 3,5 millóns de euros para formar a 2.000 traballadores e persoas sen emprego en 160 unidades formativas. Do que se trata con esta medida é de dar resposta aos novos perfís profesionais que están xurdindo do novo modelo económico baseado nas novas tecnoloxías.
Programas mixtos de formación e emprego
Son programas públicos de formación e emprego nos que as persoas participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.
Módulos transversais
Formación complementaria ocupacional (familia FCO)
Iniciativas
ver máis iniciativas...Actualidade
E ademais...
Datos abert@s
- Calendario laboral 2021
Calendario CSV ODS XLSX
- Calendario laboral 2020
Calendario CSV ODS XLSX
- Calendario laboral 2019
Calendario CSV ODS XLSX