Inicio > > Temas de interese

Temas de interese






Temos dispoñibles para consulta 123 temas de interese

Recoñecemento da experiencia profesional

A través do Real decreto 1224/2009 do 17 de xullo establécense o procedemento e requisitos para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, así como os efectos desa avaliación e acreditación de competencias.

Calendarios laborais

Acceda ás seguintes ligazóns para consultar os calendarios laborais dos últimos anos. Incorporan todos os festivos sinalados como festas da Comunidade Autónoma de Galicia, festas laborais e festas laborais de carácter local.

Nova axenda Industria 4.0

Nova axenda Industria 4.0

Coñeza a folla ruta da Xunta para impulsar o novo modelo industrial entre o tecido empresarial galego.

Mapa de apoios 2020

Información sobre os programas de axudas e servizos activos que ten dispoñibles esta consellería en materia de emprego, promoción económica, innovación, enerxía, industria forestal e comercio. Inclúen tamén cales poden ser os/as beneficiarios/as e os prazos de convocatoria en 2020.

Programas mixtos de formación e emprego

Son programas públicos de formación e emprego nos que as persoas participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.
 

Autorizacións administrativas

Consulte as autorizacións administrativas en materia de instalacións eléctricas (de distribución e transporte), de xeración, de gas e de recursos mineiros.

Documentación ambiental

Consulte as declaracións de impacto ambiental e os plans de vixilancia en materia de instalacións eléctricas, de xeración e de gas.

Declaración de impacto ambiental/ informes ambientais

Consulte as declaracións de impacto ambiental e os informes ambientais en materia de instalacións eléctricas, de xeración e de gas.

Plan de vixilancia

Consulte os plans de vixilancia en materia de instalacións eléctricas, de xeración e de gas.

Documentos sometidos a información pública

Documentación de expedientes en tramitación sometidos a información pública (en período de alegacións).