Inicio > > Temas de interese
Compartir

Compártao :

FORMACIÓN E CUALIFICACIÓNS

Recoñecemento da experiencia profesional

A través do Real decreto 1224/2009 do 17 de xullo establécense o procedemento e requisitos para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, así como os efectos desa avaliación e acreditación de competencias.

  

 logo_fse_2017_gl

 

Aviso de reanudación de prazos

En aplicación do Real decreto 537/2020 do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 reanúdanse os prazos de presentación de documentación para emendar os defectos, as causas de exclusión ou completar a documentación presentada, trala publicación das listas provisionais do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais (TR305A) nas cualificacións profesionais de:

  • Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2)
  • Instrución en ioga (AFD616_3)
  • Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2)

Reanúdanse tamén todos os prazos contemplados na convocatoria recollida na Orde do 15 de novembro de 2019 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2020 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG, Núm.226 do 27 de novembro de 2019).

O cómputo de todos estes prazos reanúdase con efectos do 1 de xuño de 2020.
 

 Cualificación profesional de Instrución en ioga

Cualificación profesional de Vixilancia e seguridade privada

Cualificación profesional de Extinción de incendios e salvamento

Cualificación profesional de Socorrismo en instalacións acuáticas

Cualificación profesional de Socorrismo en espazos acuáticos naturais

Cualificación profesional de Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias o medio natural e rural 

Cualificación profesional de Docencia de formación para o emprego

Cualificación profesional de Atención sociosanitaria a personas no domicilio

Cualificación profesional de Atención sociosanitaria a personas dependentes en institucións sociais

Cualificación profesional de Servicios para o control de pragas

Cualificación profesional de Confección e mantemento de artes e aparellos