Información sobre os programas de axudas e servizos activos que ten dispoñibles esta consellería en materia de promoción económica, innovación, enerxía, industria forestal e comercio. Inclúen tamén cales poden ser os/as beneficiarios/as e os prazos de convocatoria en 2022.
O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG), integrado na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, é un centro que apoia con carácter horizontal ao tecido industrial galego en actividades relacionadas coa medida, a través dunha ampla carteira de servizos tecnolóxicos (de calibración, medida, ensaio, control metrolóxico do Estado de determinados instrumentos, asesoramento e formación).
Catálogos con información dos trámites administrativos e actuacións necesarias para a posta en marcha de proxectos.
Información sobre as iniciativas empresariais que teñen por obxecto o fomento da innovación, a internacionalización e a competitividade.
A Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) firmaron en outubro de 2017 un convenio de colaboración para a creación dos Concellos Emprendedores.
Unha lei que pon facilidades ao investimento empresarial en Galicia.
Coñeza a folla ruta da Xunta para impulsar o novo modelo industrial entre o tecido empresarial galego.
Consulte as autorizacións administrativas en materia de instalacións eléctricas (de distribución e transporte), de xeración, de gas e de recursos mineiros.
Consulte as declaracións de impacto ambiental e os plans de vixilancia en materia de instalacións eléctricas, de xeración e de gas.
Documentación de expedientes en tramitación sometidos a información pública (en período de alegacións).