Compartir

Compártao :

Laboratorio Oficial de Vehículos Históricos

A Escola Politécnica Superior da Universidade da Coruña é o organismo acreditado pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas para a catalogación de vehículos históricos.

O R.D. 1247/95 do 14 de xullo e a Orde do 17 de xuño de 1996 da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, regulan o procedemento de catalogación de Vehículos Históricos. Nestes textos legais asígnase ao Laboratorio Oficial a misión de emitir un informe "que versará sobre a autenticidade do vehículo, as súas características técnicas, exencións e condicións técnicas que o vehículo debe cumprir nas inspeccións periódicas, frecuencia das mesmas e posibles limitacións que deberían impoñerse á súa circulación".

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galicia resolveu, con data 21 de abril de 1998, acreditar a Escola Politécnica Superior de la Universidad da Coruña como Laboratorio Oficial de Vehículos Históricos. Dende entón realizáronse varios centenares de ditames para a Catalogación de Vehículos Históricos.