Compartir

Compártao :

Laboratorio de Contrastación de Metais Preciosos

O Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos, adscrito á Consellería de Economía e Industria a través da Subdirección Xeral de Administración Industrial, dependerá funcionalmente do Servizo de Metroloxía e Laboratorios Oficiais.

O artigo 3 do Decreto 134/2013, do 1 de agosto, polo que se procede á reorganización das entidades instrumentais adscritas á Consellería de Economía e Industria con competencias en materia de innovación e se modifica a estrutura orgánica da dita consellería, recolle a integración do Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia: "Suprímese o Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos, unidade administrativa adscrita á Consellería de Economía e Industria a través da Subdirección Xeral de Administración Industrial, dependendo funcionalmente do Servizo de Metroloxía e Laboratorios Oficiais. As súas funcións e competencias serán asumidas polo Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia desde que se produza a súa integración na Administración xeral da Comunidade Autónoma."

Organización/s: Dirección Xeral de Enerxía e Minas
Colectivo/s: Laboratorios; Instalación industrial