Compartir

Compártao :

Unidades mixtas de investigación

Cal é o obxecto deste programa?
A creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación, proxectos de cooperación entre os organismos de investigación de Galicia e o tecido empresarial para desenvolver de forma conxunta e coordinada actividades de investigación, innovación e desenvolvemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia.

Quen pode solicitar estas axudas?
As agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha empresa, excepcionalmente dúas, que constitúan unha unidade mixta de investigación.

No marco desta convocatoria consideraranse organismos de investigación:

  • Os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia.
  • As universidades do sistema universitario galego.
  • Os centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas.
  • Os centros en Galicia do Instituto Español de Oceanografía.
  • As fundacións de investigación sanitaria de Galicia.
  • Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.

As empresas integrantes das unidades mixtas de investigación poderán ser pequenas, medianas e grandes.

Máis información
http://gain.xunta.gal/resultados
xestion.gain@xunta.gal
981 541 096 e 881 999 633

Contactos relacionados

  • Instituto Galego de Promoción Económica

    Teléfono: 900 815 151
    Correo-e: informa@igape.es

Organización/s: Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Tema/s: Competitividade e cooperación empresarial
Colectivo/s: Empresa; Centro tecnolóxico
Feitos vitais: Innovar