Compartir

Compártao :

Programa de consolidación e estruturación de Unidades de Investigación Competitiva nos centros tecnolóxicos non consolidados de Galicia (IN845C)

Axudas dirixidas aos centros tecnolóxicos non consolidados de Galicia co fin de incentivar a transferencia de resultados da investigación, do coñecemento e das capacidades tecnolóxicas dos centros ao mercado.

 

Estas axudas establécense en función dunha serie de indicadores que, de forma obxectiva, valoran perspectiva financeira, de resultados e de igualdade. Non obstante, tendo en conta os acordos do Consello da Xunta de Galicia adoptados nas reunións do 24 de setembro e do 22 de outubro de 2009, nos que se aprobou o Programa Impulsa-Lugo e o Programa Impulsa-Ourense, respectivamente, que establecen, entre outras, as medidas transitorias de apoio aos investimentos e dada a situación económica actual na que as provincias de Lugo e Ourense se viron afectadas con especial incidencia pola desaceleración no desenvolvemento das empresas existentes, así como unha menor implantación de novas iniciativas empresariais, considérase fundamental que a Axencia Galega de Innovación, a través das súas liñas de axuda, conceda un nivel superior de intensidade de axuda ás iniciativas empresariais implantadas nestas áreas xeográficas coa finalidade de estimular o seu desenvolvemento económico e social.

As axudas que se concedan, dado que as actividades de I+D non se realizan por conta ou en colaboración con empresas, non teñen a consideración de axudas do Estado para os efectos do punto 1 do artigo 107 do Tratado de funcionamento da Unión Europea e do Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación, desenvolvemento e innovación (DOUE C 323, 30.12.2006, Comunicación da Comisión 323/01). En todo caso, os centros beneficiarios quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativos a actuacións de I+D+i conforme o establecido no artigo 3 do devandito marco comunitario.

Contactos relacionados

Organización/s: Axencia Galega de Innovación - Gain
Tema/s: Innovación; Tecnoloxías e telecomunicacións
Colectivo/s: Centro tecnolóxico