Compartir

Compártao :

Como conseguir financiamento

Fonte de información: Cadernos prácticos de xestión. Atrae inversores para o teu proxecto
Ademais dos instrumentos financeiros que existen en bancos e caixas, un emprendedor/a ou empresario/a pode intentar captar fondos de investidores privados

A través da posta a disposición de préstamos e microcréditos, así como bonificacións de custos para pequenas e medianas empresas.

Un proxecto empresarial, independentemente de que sexa na súa posta en marcha, consolidación ou expansión internacional, vaise xerando nunha sucesión de pasos, dende o momento no que xorde a idea, ata que esta se materializa e se implanta. Aínda que as limitacións financeiras orientan dende un primeiro momento a dimensión do proxecto que se vai acometer, non é ata que dispoñemos dun proxecto ben estruturado, cando nos formulamos como financialo.

É neste momento cando xorden cuestións como canto diñeiro necesito?, canto podo achegar?, canto diñeiro me prestará o banco?, cal é o instrumento financeiro que máis me convén? Ademais dos instrumentos financeiros que existen en bancos e caixas, un emprendedor ou empresario pode intentar captar fondos de investidores privados (malia que nalgunhas ocasións detrás de varios deles se poidan encontrar organismos públicos) como:

  • fondos de capital risco (privados, públicos e mixtos)
  • business angels
  • investidores industriais

Contactos relacionados

  • Instituto Galego de Promoción Económica

    Teléfono: 900 815 151
    Correo-e: informa@igape.es

Organización/s: Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Tema/s: Financiamento; Emprendemento; Competitividade e cooperación empresarial
Colectivo/s: Autónomo/a; Empresa; Emprendedor/a; Investidor/a; Peme; Empresa enerxética
Feitos vitais: Crear unha empresa ; Investir en Galicia