Tanto se queres emprender, como se xa iniciaches a túa actividade, axudámosche a mellorar e a facer o teu proxecto realidade ou a facer a túa empresa máis competitiva.
Nos Puntos de Asesoramento ao Emprendedor (PAE) prestamos de forma sinxela e clara servizos de asesoramento e información na definición das súas iniciativas empresariais e durante os primeiros anos de actividade e tamén realizamos os trámites administrativos necesarios para a constitución da súa empresa.