Organismos de control (OCAs) para a seguridade industrial

Compartir

Os organismos de control son aquelas persoas físicas ou xurídicas que, tendo capacidade de obrar e dispoñendo dos medios técnicos, materiais e humanos e da imparcialidade e independencia necesarias, poden verificar o cumprimento das condicións e requisitos de seguridade establecidos nos regulamentos de seguridade para os produtos e instalacións.

Quen desexe exercer a súa actividade como organismo de control precisará de acreditación previa por unha entidade nacional de acreditación.

Quen tendo obtido a súa acreditación, desexe exercer a súa actividade como organismo de control deberá presentar previamente unha declaración responsable ante a autoridade competente en materia de industria da Comunidade Autónoma onde o organismo de control acceda á actividade. Mediante a devandita declaración responsable deberá manifestar as actividades que pretende desenvolver e que para facelo cumpre cos pertinentes requisitos esixidos e posúe a documentación que así o demostra.

O órgano competente da Administración Pública que reciba a declaración responsable dun organismo de control inscribirao no Rexistro Integrado Industrial.

A declaración responsable, desde o momento da súa presentación, habilita ao organismo de control para actuar en todo o ámbito do Estado e por tempo indefinido.

Nos documentos que seguen vostede pode consultar a normativa que regula as actuacións dos organismos de control en Galicia. Así mesmo, engádese unha ligazón ao Rexistro Integrado Industrial para que poida consultar a relación dos organismos de control habilitados para actuar no Estado, nos diferentes campos regulamentarios para os que están acreditados.