Iniciativas empresariais

Compartir

Información sobre as iniciativas empresariais que teñen por obxecto o fomento da innovación, a internacionalización e a competitividade.

A lexislación autonómica regula dúas figuras orientadas ao impulso das iniciativas empresariais que teñen por obxecto o fomento da innovación, a internacionalización e a competitividade mediante a atracción e potenciación dos novos investimentos nacionais e internacionais, así como a simplificación dos procedementos administrativos necesarios para a súa implantación.

Estas figuras son as iniciativas empresariais prioritarias (IEP) e os proxectos industriais estratéxicos (PIE).

Por outra banda, o noso marco normativo desenvolve a figura dos proxectos de interese autonómico, que se configuran como instrumentos de intervención directa na ordenación do territorio da Comunidade Autónoma.

Tema/s: Competitividade e cooperación empresarial