Compartir

Compártao :

FORMACIÓN E CUALIFICACIÓNS

Competencias clave

Para a mellora da calidade na formación para o emprego, o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, que regula os certificados de profesionalidade, establece criterios de acceso do alumnado para garantir que se posúe as competencias clave para cursar con aproveitamento os certificados de profesionalidade que lle facilitará a súa inserción laboral.

Aviso

Interrómpense os prazos de inscrición no procedemento de competencias clave (TR306A). O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que deixe de estar en vigor o acordo polo que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.

As probas previstas para o 16 de maio quedan aprazadas e o calendario do procedemento (ANEXO II) axustarase en canto a situación se normalice.

 

14ª Convocatoria de competencias clave para o acceso aos cursos formativos de certificados de profesionalidade

Resolución do 13 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación

DOG núm. 38 - 26/2/2020

A resolución contén os seguintes anexos:

  • Anexo I - Solicitude. Procedemento TR306A
  • Anexo II - Calendario do procedemento
  • Anexo III - Requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade
  • Anexo IV - Exencións ás probas de avaliación na competencia de lingua galega
  • Anexo V - Validacións das competencias por ter superados estudos regrados
  • Anexo VI - Certificados de profesionalidade que requiren a competencia en lingua estranxeira
  • O lugar de realización das probas prevese que sexa na Fundación Semana Verde Silleda (Pontevedra)

Recomendacións:

  • Non esquecer asinar a solicitude
  • Indicar o número de DNI-NIE ou pasaporte
  • Prégase entregar a solicitude o antes posible
  • No caso de identificación co pasaporte, hai que achegar copia coa solicitude (ver artigo nº 6a da Resolución)
  • No caso de solicitudes cubertas a man, prégase claridade nos datos
  • No caso de presentarse ás probas dos dous niveis de cualificación 2 e 3, so é necesaria unha solicitude
  • Non solicitar competencias aprobadas en anteriores convocatorias; consultar o “buscador de notas”

Prazo de solicitudes desde o 27 de febreiro ata o 20 de marzo do 2020, ambos inclusive. 

Instituto Galego das Cualificacións
981 546 856 / 981 541 562
ctb.igcualif@xunta.gal

 

 

Tema/s: Formación e cualificacións