Compartir

Compártao :

Gases fluorados

A Consellería competente para expedir os certificados de empresa é a Consellería de Economía, Emprego e Industria, mentres que os certificados persoais os expiden a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A norma de referencia é o Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles, así como a certificación dos profesionais que os empregan e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolvan actividades que emitan gases fluorados (BOE núm. 42, do 18 de febreiro de 2017).

En Galicia, as competencias relacionadas co RD 115/2017 distribuíronse mediante o  Decreto 100/2011, do 19 de maio, polo que se regula a distribución de competencias en materia de expedición de certificados para a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipos baseados neles (DOG núm. 105, de 1 de xuño).