A Lei Orgánica 5/2002 das Cualificacións e da Formación Profesional, e posteriores desenvolvementos, caracterízase polo seguinte:
- Normativiza un sistema integral para os ámbitos educativos e laboral; a referencia é o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP).
- Integral, pois a oferta regrada de formación profesional a través dos ciclos formativos medios/superiores e a oferta formativa laboral de certificados de profesionalidade xa non son ámbitos diferenciados senón que ambas as dúas ofertas están integradas no CNCP.
No ámbito laboral e para acceder ao mercado laboral:
- Os certificados de profesionalidade son un instrumento de acreditación oficial para as cualificacións profesionais.
- Estes cualifican segundo os requirimentos do mercado laboral.
- Teñen 3 niveis de cualificación profesional.
- A referencia é o Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidade que está estruturado en 26 familias profesionais coas súas correspondentes áreas profesionais e niveis de cualificación.
Para obter a acreditación da cualificación profesional tes dúas vías:
- Realizar cursos convocados e aprobados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria dentro das accións formativas para a formación para o emprego.
- A maioría da oferta formativa actual é de cursos de certificados de profesionalidade.
- Iniciar un proceso de recoñecemento da experiencia laboral (REXP) e vías non formais de formación na Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Os requisitos formativos para poder cursar Certificados de profesionalidade están recollidos na seguinte normativa:
- RD 189/2013, do 15 de marzo
- Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 7 de xaneiro de 2014
- Para nivel 1: non hai requisitos
- Para nivel 2: ESO ou titulacións equivalentes
- Para nivel 3: bacharelato ou titulacións equivalentes
Se non tes os requisitos formativos, tes as seguintes opcións:
- Presentarte ás probas de competencias clave convocadas pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.
- Acreditar un certificado de profesionalidade cos seguintes casos:
- Superar un certificado de nivel 1 que che permite cursar un certificado de nivel 2 da mesma familia e área profesional.
- Superar un certificado de nivel 2 que che permite cursar un certificado de nivel 3 da mesma familia e área profesional.
- Ter un certificado do mesmo nivel profesional.
- Superar un curso de competencias clave aprobado pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.
Superar as probas de competencias clave serve exclusivamente para poder realizar cursos de certificados de profesionalidade, sen ter validez académica.
Enderezos WEB
- Estatal: SEPE, emprego e formación/certificados de profesionalidade.
- Xunta de Galicia
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral