Poderán solicitar a expedición dun certificado de profesionalidade:
1) As persoas que superasen accións formativas asociadas ás unidades de competencia correspondentes ao certificado de profesionalidade que solicitan, a través de:
- Ensinanzas de formación profesional para o emprego autorizadas pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral:
- Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas
- Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas ocupadas
- Escolas obradoiro ou obradoiros de emprego
- Contratos para a formación e aprendizaxe
- Ensinanzas de formación profesional do sistema educativo que non completen un título de FP
- Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI)
2) As persoas que, mediante procedementos de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación, acrediten a totalidade das unidades de competencia que compoñen un certificado de profesionalidade.
Documentación necesaria
- Modelo de solicitude cuberto (TR308A).
- Copia auténtica de diploma/certificación de todos os módulos formativos e a exención do módulo de prácticas non laborais, no seu caso.
- Copia auténtica da acreditación de cumprir os requisitos académicos ou de acceso á formación realizada.
- No caso do procedemento de recoñecemento da competencia profesional, copia da acreditación das unidades de competencia obtidas polo procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, de 17 de xullo.
- No caso de ensinanzas de formación profesional do sistema educativo, copia auténtica da certificación dos módulos profesionais relacionados co certificado de profesionalidade solicitado.
Presentación de solicitudes
Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
No caso que a solicitude se envíe por correo postal, hai dirixila ao seguinte enderezo:
Instituto Galego das Cualificacións
Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Edificio administrativo San Lázaro S/N - 15781 Santiago de Compostela