Compartir

Compártao :

Aforrar enerxía no sector público

O sector público debe liderar a aposta pola eficiencia enerxética, e neste senso o Goberno galego está a impulsar unha estratexia global para a potenciación do aforro e da eficiencia en todos os sectores económicos en especial no eido público, poñendo a Galicia á vangarda neste eido.

A Directiva 2006/32/CE, sobre a eficiencia enerxética do uso final da enerxía e os servizos enerxéticos, establece que o sector público debe adoptar medidas de eficiencia enerxética, de xeito que se comuniquen as actuacións exemplares de cara á sociedade.

As Administracións Públicas deben desempeñar un papel activo no aforro de enerxía e na mellora da eficiencia enerxética, non só como lexisladores, promotores e financiadores de medidas de mellora, se non tamén como consumidores de enerxía.

Contactos relacionados

Organización/s: Instituto Enerxético de Galicia - Inega
Tema/s: Enerxía
Colectivo/s: Outra administración