Compartir

Compártao :

Calidade na subministración eléctrica

Para determinar a calidade do servizo de enerxía eléctrica tense en conta o conxunto de características, técnicas e comerciales, inherentes á subministración eléctrica que son esixibles polos consumidores e polos órganos competentes da Administración.

Así, a calidade da subministación vén determinada polo seguinte contido:

  • Continuidade da subministración (número e duración das interrupcións da subministración)
  • Calidade do produto (características da onda de tensión)
  • Calidade na atención e relación co cliente (conxunto de actuacións de información asesoramento, contratación, comunicación e reclamación).

Premendo sobre as seguintes ligazóns pode consultar a evolución do consumo de electricidade procende de fontes renovables en Galicia, a do consumo por sectores nas provincias galegas e a dos indicadores TIEPI (índice do tempo de interrupción equivalente da potencia instalada en media tensión) e NIEPI (número de interrupcións equivalente da potencia instalada en media tensión) para España, Galicia e coa comparativa correspondente.

Contactos relacionados

Organización/s: Instituto Enerxético de Galicia - Inega
Tema/s: Enerxía