Compartir

Compártao :

Optimizador da facturación eléctrica en instalacións municipais

Ferramenta informática que facilita aos concellos galegos o cálculo de tarifas eléctricas, amosándolles tanto as posibilidades de aforro neste campo como a contratación da subministración eléctrica máis adecuada ás súas necesidades.

O desenvolvemento desta ferramenta permítelle aos concellos optimizar a potencia contratada e a demanda de enerxía, indicando, en cada momento, as posibles medidas a tomar para mellorar consumos e custos.

Os concellos interesados poden cargar os seus datos de facturación na aplicación cunha clave que se solicita no primeiro acceso e que será validada polo Inega. Estes datos serán analizados propoñendo medidas a tomar na subministración de enerxía para optimizar a potencia e os resultados.

Contactos relacionados

Organización/s: Instituto Enerxético de Galicia - Inega; Dirección Xeral de Enerxía e Minas
Tema/s: Enerxía
Colectivo/s: Outra administración