Compartir

Compártao :

Plan de aforro e eficiencia na administración pública

Este plan pretende incidir de xeito notable no sector público, tanto polo potencial de aforro existente, como polo seu papel de liderazgo e exemplaridade que representa de cara á sociedade.

As administracións públicas deben desempeñar un papel activo no aforro de enerxía e na mellora da eficiencia enerxética, non só como lexisladoras, promotoras e financiadoras de medidas de mellora, se non tamén como consumidoras de enerxía.

Trátase de definir, dentro do ámbito das administracións públicas, as actuacións necesarias para a obtención do máximo rendemento enerxético, así como as directrices de organización dos servizos que teñan incidencia no gasto de enerxía, co obxecto de potenciar o carácter exemplarizante que deben dar as diferentes administracións de cara ao fomento do uso racional da enerxía.

Contactos relacionados

Organización/s: Instituto Enerxético de Galicia - Inega
Tema/s: Enerxía
Colectivo/s: Outra administración