Compartir

Compártao :

Puntos de subministración de gas canalizado

O Goberno galego traballa no desenvolvemento dunha política enerxética na que a gasificación da Comunidade se considera prioritaria para avanzar na mellora da calidade de vida da cidadanía e no incremento da competitividade do tecido empresarial galego.

A finais do 2014, 76 municipios, máis do 65% da poboación galega, terán xa acceso ao gas natural, o que supón máis de 242.500 vivendas con subministración, preto de 36.300 vivendas máis que en 2009. Neste eido, o obxectivo do Goberno galego para os vindeiros anos é incrementar esta cifra dando acceso ao gas natural ao 75% da poboación de Galicia.

Número de puntos de subministración para Gas Natural en Galicia:

  • Gas Galicia: 244.773 (244.625 para usos domésticos e 148 para uso industrial ou grandes consumos).
  • Gas Directo: 548 (546 para usos domésticos e 2 para usos industriais).

Contactos relacionados

Organización/s: Instituto Enerxético de Galicia - Inega
Tema/s: Enerxía
Colectivo/s: Empresa enerxética; Outra administración