Compartir

Compártao :

Certificación enerxética de edificios

Fonte de información: Inega
  • Certificación enerxética de edificios
A cualificación de eficiencia enerxética dun edificio permite ao usuario coñecer, de forma sinxela e obxectiva, o comportamento enerxético do edificio

Desde o martes 21 de xaneiro de 2014 o responsable dos procedementos relacionados ca certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia é o Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

A certificación de eficiencia enerxética é o proceso polo cal se verifica a conformidade da cualificación de eficiencia enerxética. A cualificación de eficiencia enerxética dun edificio permite ao usuario coñecer, de forma sinxela e obxectiva, o comportamento enerxético do edificio. A calidade enerxética do edificio pasa así a ser un parámetro máis a ter en conta na decisión de mercar, potenciándose unha maior demanda de inmobles enerxeticamente eficientes e fomentando os investimentos en aforro de enerxía.

A certificación enerxética de edificios ten como un dos seus obxectivos tentar de garantir a veracidade da información que, regulamentariamente, o promotor ou arrendador debe achegar ao comprador ou arrendatario

Ligazóns relacionadas

Contactos relacionados

Organización/s: Instituto Enerxético de Galicia - Inega; Dirección Xeral de Enerxía e Minas
Tema/s: Enerxía
Colectivo/s: Consumidor/a; Empresa enerxética