Compartir

Compártao :

Certificación enerxética de edificios de nova construción (IN413C)

O Decreto 42/2009, do 21 de xaneiro regula a certificación enerxética de edificios de nova construción na Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade deste decreto é:

  1. Promover a eficiencia enerxética na edificación, ofrecendo a consumidores/as ou usuarios/as información obxectiva do comportamento enerxético dos edificios, favorecendo unha maior transparencia no mercado inmobiliario.
  2. Fomentar a mellora da calidade das edificacións, necesaria para adecuarse ás recentes exixencias enerxéticas na edificación, establecidas na normativa de ámbito estatal.
  3. Ofrecer información pública e transparente á cidadanía do comportamento enerxético dos edificios, a través do Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia.
  4. Contribuír á mellora ambiental e da sustentabilidade mediante a concienciación e sensibilización das persoas en relación coa calidade enerxética dos edificios en que habitan e traballan.
  5. Promover a mellora da cualificación de eficiencia enerxética no ámbito da edificación pública.
  6. Favorecer os investimentos en medidas de aforro e eficiencia enerxética na edificación.