Compartir

Compártao :

Centros especiais de emprego

Os centros especiais de emprego son aqueles que realizan un traballo produtivo, participando regularmente nas operacións do mercado e tendo por finalidade asegurar o emprego remunerado e a prestación dos servizos de axuste persoal e social que requiran os seus traballadores con discapacidade, á vez que sexa un medio de integración do maior número de persoas con discapacidade ao réxime de traballo normal.

Como mínimo, o 70 por cento do seu cadro de persoal estará constituido por traballadores con discapacidade, sen que se computen para estes efectos o persoal dedicado á prestación dos servizos de axuste persoal e social.

Asesoria virtual de centros especiais de emprego

Documentos relacionados

Contactos relacionados

  • Secretaría Xeral de Emprego - Subdirección Xeral de Economía Social

    Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Planta baixa
    15781 - Santiago de Compostela (A Coruña)
    Teléfono: 981 957 747 - 981 957 746 ; Fax: 981 957 748
    Correo-e: rexistro-cee@xunta.gal

Tema/s: Cooperativismo e Economía Social