Laboratorio de Consumo de Galicia
Fonte de información: Instituto Galego de Consumo - Igc
É o centro no que se realizan as análises e os ensaios sobre produtos industriais non alimenticios presentes no mercado, co fin de avaliar a súa conformidade coas regulamentacións técnicas referidas tanto á calidade como á seguridade.
Actualmente o Laboratorio de Consumo de Galicia analiza e controla os produtos industriais, agrupados nas seguintes liñas de actuación:
- Lixivias e produtos de limpeza.
- Fibras e produtos téxtiles.
- Material de aparatos eléctricos e pequeno electrodoméstico.
- Xoguetes e material escolar.
- Artigos de puericultura.
- Produtos electrónicos.
Organización/s: Instituto Galego do Consumo e da Competencia
Tema/s: Consumo
Colectivo/s: Laboratorios; Consumidor/a
Feitos vitais: Presentar unha reclamación