Teñen consideración de actividades de promoción de vendas as seguintes:
- Rebaixas
- Saldos
- Liquidación
- Desconto
- Obsequio
- Ofertas en vendas directas
Requisitos xerais:
Con carácter xeral o comerciante debe proporcionar información clara, veraz e suficiente sobre o contido e as condicións das súas actividades promocionais, especificando no anuncio o tipo de promoción que realiza, a súa duración, e, no seu caso, as condicións da promoción.
- Cando a promoción non comprenda, polo menos, a metade dos artigos postos á venda, non se pode anunciar como unha medida xeral, senón que debe referirse exclusivamente aos grupos de produtos aos que realmente afecte.
- Os artigos non poden ser adquiridos co fin exclusivo de ser incluídos nas promocións comerciais, agás a promoción para o lanzamento de novos produtos.
- No caso de se oferten produtos a prezo normal e reducido, uns e outros deben estar suficientemente separados ou sinalados, de xeito que non poidan confundirse ou inducir a erro, distinguindo, neste caso, a existencia de cada unha das modalidades promocionais no mesmo establecemento.
Organización/s: Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Tema/s: Comercio; Consumo
Colectivo/s: Consumidor/a; Comerciante