Compartir

Compártao :

Axudas do Igape para asociacións

O Instituto Galego de Promoción Económica ten dispoñibles liñas de axudas dirixidas a organismos intermedios empresariais de Galicia. Isto é, asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe, clústeres empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia) que representen un colectivo de empresas galegas, e os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2013 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación.