Compartir

Compártao :

Comisión Galega de Artesanía

As asociacións que desexen estar representadas na comisión deberán formular a pertinente solicitude á dirección xeral competente en materia de artesanía, que a terá en conta no momento de proceder á renovación dos vocais ou no caso de producirse algunha vacante

A Comisión Galega da Artesanía, creada en virtude do disposto no artigo 5 da Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia.

As súas funcións son:

  • Estudar e propor as disposicións reguladoras das condicións necesarias e o procedemento para o outorgamento das cartas de artesán e mestre artesán e da cualificación de taller artesán.
  • Propor a inclusión de actividades na Sección de Actividades Artesás.
  • Estudar e propor as normas reguladoras para o outorgamento das certificacións de calidade artesanal e dos seus distintivos.
  • Emitir informe preceptivo sobre os proxectos de declaración de zonas de interese.
  • Propoñerlle á Administración autonómica disposicións e actuacións dirixidas ao fomento, protección, promoción e comercialización da artesanía.
Organización/s: Dirección Xeral de Comercio e Consumo; Fundación Pública Artesanía de Galicia
Tema/s: Artesanía
Colectivo/s: Artesán/a