Inicio > Recursos > Temas de interese
Compartir

Compártao :

Nova axenda Industria 4.0

  • Nova axenda Industria 4.0

Coñeza a folla ruta da Xunta para impulsar o novo modelo industrial entre o tecido empresarial galego.

A Xunta de Galicia destinará 350 millóns de euros entre 2019-2022 ao desenvolvemento da Axenda Industria 4.0. Deste xeito, Galicia seguirá afondando no seu compromiso de xerar un novo tecido empresarial máis competitivo nesta economía global e conectada.

As previsións da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), son contribuír á creación de, polo menos, 13.500 empregos industriais e a mobilización de 900 millóns de euros.

Principais obxectivos da Axenda

  • Anticiparse aos cambios do novo modelo industrial.
  • Aumentar o tamaño das empresas.
  • Favorecer a aposta polo talento dixital.
  • Consolidar a aposta pola innovación e a internacionalización mediante a diversificación de produtos e mercados.
  • Facilitar a reinvención do tecido industrial galego e a súa especialización desde o punto de vista tecnolóxico.

Medidas clave da Axenda

  • Servizos 4.0: prestación de servizos ás pemes.
    • Lanzamento de novas business factories.
    • Desenvolvemento dos Hubs de innovación dixital.
  • Solucións 4.0: desenvolvemento de medidas para avanzar no novo modelo industrial.
    • Centros de Fabricación Avanzada.
    • Programa Maquinaria 4.0, dirixido a provedores de bens de equipo para o tecido empresarial.
  • Plataforma 4.0: creación do Observatorio da Industria 4.0.
  • Financiamento 4.0: programa de financiamento específico dirixido ás empresas.

Estas catro medidas desenvolveranse baixo o paraugas da Gobernanza Industria 4.0, un órgano estable no que estarán presentes os axentes socioeconómicos e que ten como finalidade liderar a orientación e o desenvolvemento desta nova etapa industrial en Galicia.

O novo modelo de Gobernanza 4.0 permitirá integrar as capacidades instaladas, crear polos de actividade ao redor das principais tecnoloxías e favorecer a especialización da industria galega.

Balance 2015-2018

A nova folla de ruta para a industria galega dá continuidade ao traballo feito na primeira fase da Axenda 4.0, que entre os anos 2015 e 2018 apoiou a 8.925 empresas, permitindo a creación de 14.500 novos empregos industriais e a mobilización público-privada de máis de 900 millóns de euros en Galicia.

Do total dos investimentos realizados, un 60% centráronse en medidas específicas da fábrica 4.0, unha porcentaxe que se prevé incrementar nesta nova fase da Axenda.

A súa posta en marcha en 2015 situou a Galicia na vangarda do impulso á nova industria, sendo unha das comunidades autónomas de referencia en España. Así, a Business Factory Auto (BFAuto), as Unidades Mixtas de Investigación, os proxectos Industria 4.0, as axudas á dixitalización e o Polo Aeroespacial de Galicia figuran entre as accións realizadas pola Xunta que están consideradas entre as mellores prácticas neste eido a nivel nacional.

Documentos relacionados

Tema/s: Industria