Son programas públicos de formación e emprego nos que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.
Requisitos para poder participar como alumno/a traballador/a
A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de nove meses, que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.
Desde o inicio da súa participación no obradoiro dual de emprego, o alumnado-traballador será contratado pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación e aprendizaxe, polo que percibirá unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional incluída a parte proporcional dunha paga e media extraordinaria.
Concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este, así como entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións.
O importe da subvención de obradoiros duais de emprego está financiado por fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.
Requisitos para poder participar como alumno/a traballador/a:
A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de seis meses, que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.
Desde o inicio da súa participación no obradoiro dual de emprego, o alumnado-traballador será contratado pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación e aprendizaxe, polo que percibirá unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional incluída a parte proporcional dunha paga extraordinaria.
Quen pode solicitalas?
Concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a concellos ou mancomunidades, cuxa titularidade corresponda integramente a este.
O importe da subvención de obradoiros de emprego de Garantía Xuvenil será cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao período 2014-2020. O financiamento restante será con cargo a fondos propios.
Dirección Xeral de Promoción e Orientación Laboral
Subdirección Xeral de Orientación Laboral
Servizo de programas mixtos
Tel. 981 957 724 / 981 547 225
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela
Servizos de Orientación e Promoción Laboral das Xefaturas Territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria
A Coruña
Tel. 881 881 597
Rúa Salvador de Madariaga 9, 1º andar
15008 A Coruña
Lugo
Tel. 982 294 257
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo
Ourense
Tel. 988 386 827
Avenida da Habana, 79
32004 Ourense
Pontevedra
Tel. 986 817 022
Rúa Concepción Arenal, 8
36201 Vigo