Inicio > > Temas de interese
Compartir

Compártao :

FORMACIÓN E CUALIFICACIÓNS

Competencias clave

Para a mellora da calidade na formación para o emprego, o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, que regula os certificados de profesionalidade, establece criterios de acceso do alumnado para garantir que se posúe as competencias clave para cursar con aproveitamento os certificados de profesionalidade que lle facilitará a súa inserción laboral.

Aviso de reanudación de prazos

En aplicación do Real decreto 537/2020 do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, reanúdanse os prazos de presentación de solicitudes para as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).

O prazo estará reactivado no período comprendido entre o 1 de xuño e o 9 de xuño do 2020 (ambos días inclusive).

14ª Convocatoria de competencias clave para o acceso aos cursos formativos de certificados de profesionalidade

Resolución do 13 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación

DOG núm. 38 - 26/2/2020

A resolución contén os seguintes anexos:

  • Anexo I - Solicitude. Procedemento TR306A
  • Anexo II - Calendario do procedemento
  • Anexo III - Requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade
  • Anexo IV - Exencións ás probas de avaliación na competencia de lingua galega
  • Anexo V - Validacións das competencias por ter superados estudos regrados
  • Anexo VI - Certificados de profesionalidade que requiren a competencia en lingua estranxeira
  • O lugar de realización das probas prevese que sexa na Fundación Semana Verde Silleda (Pontevedra)

Recomendacións:

  • Non esquecer asinar a solicitude
  • Indicar o número de DNI-NIE ou pasaporte
  • Prégase entregar a solicitude o antes posible
  • No caso de identificación co pasaporte, hai que achegar copia coa solicitude (ver artigo nº 6a da Resolución)
  • No caso de solicitudes cubertas a man, prégase claridade nos datos
  • No caso de presentarse ás probas dos dous niveis de cualificación 2 e 3, so é necesaria unha solicitude
  • Non solicitar competencias aprobadas en anteriores convocatorias; consultar o “buscador de notas”

Prazo de solicitudes desde o 27 de febreiro ata o 20 de marzo do 2020, ambos inclusive. 

Novo prazo reactivado dende o 1 de xuño ata o 9 de xuño do 2020, ambos inclusive.

 

Instituto Galego das Cualificacións
981 546 856 / 981 541 562
ctb.igcualif@xunta.gal

 

 

Tema/s: Formación e cualificacións