Inicio > Recursos > Temas de interese
Compartir

Compártao :

Transferir os resultados da investigación ao mercado

Fonte de información: Axencia Galega de Innovación - GAIN

A valorización do coñecemento tradúcese na capacidade de xerar propostas empresariais innovadoras e intensivas en coñecemento a partir da investigación ou da propia experiencia empresarial, dándolle utilidade económica e social.

Concrétanse a miúdo a través de procesos de spin-off e start-ups, na comercialización dos resultados de investigación a través da xestión da propiedade intelectual e da transferencia de tecnoloxía.

Así, o Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011–2015 asume como reto prioritario incrementar o potencial de valorización do coñecemento xerado no Sistema Galego de Innovación a través do tecido produtivo e cun enfoque global.

Neste senso, a Axencia Galega de Innovación dispón de axudas para incentivar a transferencia de resultados da investigación, do coñecemento e das capacidades tecnolóxicas dos centros ao mercado e da protección dos resultados mediante propiedade industrial:

Contactos relacionados

Organización/s: Axencia Galega de Innovación - Gain
Colectivo/s: Investigador/a; Centro tecnolóxico