Inicio > Recursos > Rexistros
Compartir

Compártao :

REA - Rexistro de Empresas Acreditadas de Galicia para intervir no proceso de contratación no sector da construción

  • REA - Rexistro de Empresas Acreditadas de Galicia para intervir no proceso de contratación no sector da construción

Unidade responsable: Secretaría Xeral de Emprego

Información e contacto

Para consultar dúbidas sobre o REA de Galicia:

  •  Correo: rea.galicia@xunta.gal
  •  Teléfono 012: información administrativa da Xunta de Galicia
  •  Desde fóra de Galicia : 902 12 00 12
  •  Desde o estranxeiro : 981 545 734, 981 544 785 ou 981 957 758 

Normativa


Renovación da inscrición no REA

As empresas inscritas no REA deberán renovar a súa inscrición dentro do período dos seis meses anteriores á data de caducidade da referida inscrición. Para isto, o programa informático emitirá, ao inicio dese período de seis meses, un aviso ao correo electrónico que figura na correspondente inscrición. Non obstante, en caso de non recibilo, poderán igualmente facer a renovación a través do programa informático da páxina web https://expinterweb.empleo.gob.es/rea/, dentro do referido período de seis meses.

Para a renovación, ademais de actualizar os datos e condicións da empresa, deberán achegar, coma no caso da inscrición, os seguintes documentos en pdf:

  • Certificación de formación: deberán enviar o modelo que figura nesta mesma páxina, no apartado "Inscrición dunha empresa", "Documentación electrónica que debe achegar". Con este documento estarán acreditando a formación que establece a Lei 32/2006, de subcontratación. As empresas ás que lles sexa de aplicación o Convenio Colectivo Xeral da Construción, deberán acreditar a formación establecida no seu Título III, primeiro e segundo ciclos (formación inicial e específica). Moi importante: xunto con este certificado non deberán incluír ningún outro documento nin anexo.
  • Contrato/concerto co servizo de prevención: deberán acreditarse tanto as especialidades técnicas como a vixilancia da saúde. No caso de tratarse de servizos de prevención ALLEOS á empresa, se teñen contratadas as especialidades técnicas e vixilancia da saúde mediante contratos independentes, deberán escanear os dous contratos xuntos no mesmo pdf.
     

Organización do rexistro

O Rexistro de Empresas Acreditadas de Galicia só admite realizar as correspondentes inscricións por vía telemática.  Esta é a páxina de entrada ao REA de Galicia e nel débense rexistrar as empresas:

  • empresas con domicilio social en Galicia
  • empresas estranxeiras que despracen traballadores a España, por 1ª vez dende que se constitúa o REA, no marco dunha prestación de servizos transnacional (Lei 45/1999, do 29-11) e dita prestación se vaia levar a cabo nunha provincia galega
     

Inscrición dunha empresa

Para inscribir unha empresa deberá empregar un certificado dixital válido.

A primeira vez que acceda ao REA deberá rexistrarse coma usuario da aplicación (empregando un certificado dixital). Unha vez completado o formulario de rexistro xa poderá proceder coa inscrición.

Solicitude e descarga de certificados de inscrición

Calquera persoa física pode solicitar e descargar certificacións sobre as inscricións rexistrais existentes en calquera rexistro autonómico relativos a calquera empresa contratista ou subcontratista inscrita no rexistro. A persoa que fai a solicitude precisa dun certificado dixital válido. Solicitar certificado de inscrición

Comprobar a validez dun certificado de inscrición

Calquera pode comprobar a validez dun certificado de inscrición no REA, só se precisa coñecer o número de localizador que aparece na parte inferior do impreso do certificado. Consulta de certificados emitidos
 

Consultar si unha empresa está inscrita

Calquera pode comprobar se unha empresa está inscrita no REA. Consulta de empresas acreditadas 

 

Habilitación dos libros de subcontratación

A habilitación pola autoridade laboral correspondente ao territorio no que se execute unha obra civil ou de construción, pública ou privada,  dos libros de subcontratación.

Cada contratista nunha obra, con carácter previo á subcontratación cun subcontratista ou traballador autónomo de parte da obra que teña contratada, deberá obter un libro de subcontratación habilitado que se axuste ao modelo establecido na normativa.

A habilitación consistirá na verificación de que o libro reúne os requisitos establecidos na normativa.

No caso de que o contratista necesite a habilitación dun segundo libro para unha mesma obra deberá presentar á autoridade laboral o libro anterior para xustificar o esgotamento das súas follas ou o seu deterioro.

No caso en que fose requirida a achega do libro para un proceso xudicial, solicitarase á autoridade laboral a habilitación dunha copia legalizada deste, con carácter previo á remisión do orixinal ao órgano xudicial.

En caso de perda ou destrución do libro anterior ou outra circunstancia semellante, tal feito se xustificará mediante declaración escrita do empresario ou do seu representante legal da non presentación e probas das que dispoña, facéndose constar dita circunstancia na dilixencia de habilitación, posteriormente o contratista reproducirá no novo libro as anotacións efectuadas no anterior.


Beneficiarios/as

•    Empresas, españolas ou estranxeiras, inscritas no REA como contratistas, que teñan capacidade para subcontratar e que vaian a facelo nunha obra civil ou de construción.


NORMATIVA

ESTATAL:

-    Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción. (BOE n.º 250, do 19.10.2006)

-    Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006. (BOE n.º 204, do 25.08.2007)

AUTONÓMICA:

-    Resolución do 31 de outubro de 2007, da Dirección Xeral de Relacións Laborais pola que se comunica os lugares de habilitación e se dá publicidade á versión bilingüe do libro de subcontratación regulado no Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción (DOG n.º. 220, do 14.11.2007 – CE – DOG n.º 226, do 22.11.2007)

-    Resolución do 8 de febreiro de 2008, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, complementaria da do 31 de outubro de 2007, pola que se comunican os lugares de habilitación e se dá publicidade á versión bilingüe do libro de subcontratación regulado no Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción (DOG n.º 36, do 20.02.2008)

DOCUMENTACIÓN

Deberán adquirir os libros de subcontratación coas características establecidas na normativa vixente.
A habilitación poderán facela de xeito presencial ou enviar o/s libro/s por correo co modelo de escrito que aparece en solicitude, exclusivamente, ante a xefatura territorial correspondente segundo a provincia onde estea situada a obra.
Máis información:

Lei reguladora da subcontratación no sector da construcción

SOLICITUDE

-    Modelo de solicitude

ONDE ACUDIR

Consellería de Economía, Emprego e Industria

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
Av. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008  A CORUÑA
Tel.: 981 185 896 Fax: 981 185 761

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
Ronda da Muralla, 70
27071  LUGO
Tel.: 982 294 329 Fax: 982 294 359

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
Av. da Habana, 79
32004  OURENSE
Tel.: 988 386 401 Fax: 988 386 770

XEFATURA TERRITORIAL DE VIGO
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
R/ Concepción Arenal, 8-2º
36202  VIGO
Tel.: 986 817 008 Fax: 986 817 010

Organización/s: Secretaría Xeral de Emprego
Tema/s: Relacións laborais