Inicio > Recursos > Rexistros
Compartir

Compártao :

Rexistro de coordinadores e coordinadoras en materia de seguridade e saúde nas obras de construción

  • Rexistro de coordinadores e coordinadoras en materia de seguridade e saúde nas obras de construción

É un rexistro público e voluntario, para incentivar a cualificación dos profesionais que actúen como coordinadores e coordinadoras de seguridade e Saúde nas obras de construción así como para promocionar a súa formación na materia.

Ámbito de aplicación

Poderán solicitar voluntariamente a inscrición neste rexistro  as persoas que:

  • Reúnan as condicións mínimas para actuar como coordinador/a en materia de seguridade e saúde nas obras de construción.
  • Conten ademais con formación preventiva especializada, conforme o programa formativo que se inclúe no anexo I do decreto 153/2008, do 24 de abril.

Procedemento de inscrición no rexistro

  • As persoas que desexen inscribirse no rexistro deberán presentar a solicitude preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es ou ben poderán presentar a solicitude en soporte papel en calquera dos rexistros establecidos.
  • Correspóndelle á Secretaría Xeral de Emprego ditar a resolución de inscrición no rexistro.
  • A resolución dos expedientes deberá producirse no prazo de 3 meses. Transcorrido o citado prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase denegada.