Inicio > Recursos > Iniciativas
Compartir

Compártao :

Proxecto Galitex

  • Proxecto Galitex

Galitex é un proxecto cuxo obxectivo é a inserción laboral de persoas en situación de desemprego do sector da confección de prendas de vestir.

Desenvolvese a través dun convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Confederación de Industrias Textiles de Galicia- COINTEGA, as organizacións sindicais UGT-FICA-Industria, Construción e Agro de UGT e a Federación de Industria de CCOO.

Participan 146 persoas desempregadas provenientes de empresas de confección da comarca de Ordes e A Coruña cuxo despedimento foi motivado por causas obxectivas entre o 30.07.2016 e o 30.04.2017.

O investimento global do proxecto GALITEX, aprobado por Decisión do Parlamento Europeo o 1 de marzo de 2018, ascende a 1,2 millóns de euros, dos cales a Comisión Europea contribúe cunha axuda non reembolsable (fondo perdido) do 60% e a Xunta de Galicia achega o restante 40%.

Toda a información

Organización/s: Secretaría Xeral de Emprego
Tema/s: Relacións laborais