Inicio > Recursos > Iniciativas
Compartir

Compártao :

CONCILIACIÓNS EN CONFLICTOS LABORAIS

Conflitos laborais colectivos

As conciliacións en conflitos laborais colectivos tratan de solucionar situacións conflitivas que afectan a intereses xerais dos/as traballadores e traballadoras.

As partes neste procedemento son:

  • Os/as representantes das persoas traballadoras no ámbito correspondente ao conflito, por iniciativa propia ou a instancia das persoas ás que representan.
  • O empresariado e quen o represente legalmente segundo o ámbito do conflito.

A formulación do conflito colectivo débese formalizar por escrito, a través dunha papeleta de conciliación na que se fará constar:

  • Nome, enderezo e carácter da persoa que o presente
  • Determinación dos/as traballadores e traballadoras e empresariado afectados
  • Feitos nos que se fundamente o conflito
  • Peticións concretas que se formulan
     

Información de contacto

Para calquera cuestión ou información adicional dirixirse a:
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Secretaría Xeral de Emprego
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral
Edificio Administrativo San Lázaro, s/nº, Planta baixa
15781 Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 981 545 743