Inicio > > Iniciativas
Compartir

Compártao :

Esquema básico de certificados de profesionalidade

A Lei Orgánica 5/2002 das Cualificacións e da Formación Profesional, e posteriores desenvolvementos, caracterízase polo seguinte:

  • Normativiza un sistema integral para os ámbitos educativos e laboral; a referencia é o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP).
  • Integral, pois a oferta regrada de formación profesional a través dos ciclos formativos medios/superiores e a oferta formativa laboral de certificados de profesionalidade xa non son ámbitos diferenciados senón que ambas as dúas ofertas están integradas no CNCP.

No ámbito laboral e para acceder ao mercado laboral:

  • Os certificados de profesionalidade son un instrumento de acreditación oficial para as cualificacións profesionais.
  • Estes cualifican segundo os requirimentos do mercado laboral.
  • Teñen 3 niveis de cualificación profesional.
  • A referencia é o Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidade que está estruturado en 26 familias profesionais coas súas correspondentes áreas profesionais e niveis de cualificación.

Para obter a acreditación da cualificación profesional tes dúas vías:

  • Realizar cursos convocados e aprobados  pola Consellería de Economía, Emprego e Industria dentro das accións formativas para a formación para o emprego.
    • A maioría da oferta formativa actual é de cursos de certificados de profesionalidade.
  • Iniciar un proceso de recoñecemento da experiencia laboral (REXP) e vías non formais de formación na Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Os requisitos formativos para poder cursar Certificados de profesionalidade están recollidos na seguinte normativa:

  • RD 189/2013, do 15 de marzo
  • Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 7 de xaneiro de 2014
    • Para nivel 1: non hai requisitos
    • Para nivel 2: ESO ou titulacións equivalentes
    • Para nivel 3: bacharelato ou titulacións equivalentes

Se non tes os requisitos formativos, tes as seguintes opcións:

  • Presentarte ás probas de competencias clave convocadas pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral. 
  • Acreditar un certificado de profesionalidade cos seguintes casos:
    • Superar un certificado de nivel 1 que che permite cursar un certificado de nivel 2 da mesma familia e área profesional.
    • Superar un certificado de nivel 2 que che permite cursar un certificado de nivel 3 da  mesma familia e área profesional.
    • Ter un certificado do mesmo nivel profesional.
  • Superar un curso de competencias clave aprobado pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Superar as probas de competencias clave serve exclusivamente para poder realizar cursos de certificados de profesionalidade, sen ter validez académica.
 
Enderezos  WEB

 

Organización/s: Secretaría Xeral de Emprego
Tema/s: Formación e cualificacións