Inicio > Recursos > Iniciativas
Compartir

Compártao :

CONCILIACIÓNS EN CONFLICTOS LABORAIS

Conflitos laborais individuais (SMACs)

Desde esta área pode consultar información referente ás demandas de conciliación exercidas a través dos servizos de mediación, arbitraxe e conciliación (SMACs).

A conciliación ante o Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) é un requisito previo á vía laboral ante o Xulgado do Social. Exceptúanse deste requisito os procesos que exixan a reclamación previa en vía administrativa, os que versen sobre Seguridade Social, os relativos ao desfrute de vacacións e a materia electoral, os iniciados de oficio, os de impugnación de convenios colectivos, os de impugnación dos estatutos dos sindicatos ou da súa modificación e os de tutela da liberdade sindical.

Igualmente quedan exceptuados aqueles procesos nos que sendo parte demandada o Estado ou outro ente público, tamén o foran persoas privadas, sempre que a pretensión se sometera ao trámite de reclamación previa e neste puidera decidirse o asunto litixioso e os supostos en que, iniciado o proceso, fora necesario dirixir a demanda fronte a persoas distintas das inicialmente demandadas.

Información de contacto

Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) da Coruña
Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - 15701 A Coruña
Teléfono: 981 182 382 / 383
smac.coruna.traballo@xunta.gal

Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) de Ferrol
Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña
R/ Real, 1-1º - 15402 Ferrol
Teléfono: 881 930 303
smac.ferrol.traballo@xunta.gal

Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) de Santiago
Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña
Edif. Admvo. San Lázaro, s/n - 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 957 685
smac.santiago.traballo@xunta.gal

Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) de Lugo
Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 - 27071 Lugo
Teléfono: 982 294 292
esindicais.traballo.lugo@xunta.gal

Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) de Ourense
Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense
Plaza Concepción Arenal, 1
32003 Ourense
Teléfono: 988 788 412 / 413
smac.traballo.ourense@xunta.gal

Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) de Pontevedra
Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra
Avda. M.ª Victoria Moreno, 43 – 4º - 36071 Pontevedra
Teléfono: 886 206 535

Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) de Vigo
Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra
R/ Teófilo Llorente, 6 baixo - 36021 Vigo
Teléfono: 886 111 103 / 104