Inicio > > Iniciativas
Compartir

Compártao :

Acreditación das cualificacións profesionais

  • Acreditación das cualificacións profesionais

Instrumento técnico ao que lle corresponde a participación na elaboración das cualificacións profesionais que forman o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (RD 1128/2003, do 5 set.), así como a súa actualización e os procedementos para acadalas a través dos certificados de profesionalidade.

Obxectivos

  • Garantir a implantación efectiva do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais en Galicia.
  • Integrar e coordinar os tres subsistemas de formación profesional (específica, formación para o emprego e continua) para establecer unha oferta integrada de formación asociada ás cualificacións profesionais.
  • Servir de instrumento de apoio ao emprego mediante a acreditación das competencias profesionais dos/as traballadores/as, calquera que sexa a vía de acceso pola que se acadou a competencia profesional.
 

Funcións

As principais funcións deste servizo encádranse dentro de catro grandes liñas de actuación:

  • Sistema de cualificacións profesionais de Galicia
    • A participación na confección do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, así como na súa actualización permanente.
    • A elaboración de propostas para o catálogo de cualificacións profesionais de acordo cos resultados dos estudos realizados no tecido empresarial galego.
    • A participación na determinación de criterios para definir os requisitos e as características que deben reunir as cualificacións profesionais para ser incorporadas ao Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais.
  • Procedemento de recoñecemento da competencia profesional adquirida por experiencia laboral e/ou aprendizaxes non formais
    • A coordinación, xestión e desenvolvemento do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais nas diferentes cualificacións profesionais que compoñen o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
    • A expedición e rexistro das unidades de competencia das cualificacións profesionais do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

              Páxina de recoñecemento da experiencia profesional

  • Certificados de profesionalidade
    • A participación na elaboración do Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidade, así como na súa actualización permanente.
    • A expedición e rexistro dos certificados de profesionalidade e das acreditacións parciais de unidades de competencia.

              Páxina de Certificados de profesionalidade

  • Certificacións persoais de gases fluorados
    • A expedición e rexistro de certificacións persoais para a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipos baseados neles de acordo coa distribución de competencias recollidas no Decreto 100/2011, de 19 de maio.

             Páxina de Gases fluorados

Que é un certificado de profesionalidade?

É un documento de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional que ten por finalidade acreditar as competencias profesionais adquiridas polas seguintes vías:

  • Vía formativa: formación para o emprego, continua e outras vías non formais de formación.
  • Vía da experiencia laboral debidamente acreditada.
  • Vía formativa-experiencia laboral: programas de formación e emprego, contratos de aprendizaxe e para a formación.

 

Organización/s: Secretaría Xeral de Emprego
Tema/s: Formación e cualificacións